Que é?
Unha faixa desprazábel horizontalmente na que combinar moi distintos elementos. Permite crear paneis coa extensión que desexemos, cun fondo tipo colaxe e con imaxes, texto ou vídeo emerxentes, así como ligazóns externas.
Que características ten?
| Versión en galego | Non. |
| Incorporación de: | Texto Imaxe Ligazóns Audio/Vídeo |
| Edición guiada e fácil | Si. |
| Edición compartida | Non. |
| Sincronización secuencial | Non. Si disposición. |
| Opcións de presentación | Si, mínimas. |
| Conexión constante | Si, con menú superior. |
| Incrustación noutros sitios | Si. |
| Posibilidade de descarga | Non. |
| Sen publicidade | Si. |
Que usos lle podemos dar?
- Presentar un acto dunha actividade complementaria ou extraescolar
- Presentar os resultados de calquera tipo de proxecto
- Presentar unha secuencia de feitos (relacional, lóxica, histórica…)
- Elaborar unha biografía ilustrada (autor/a, grupo musical…)
- Recoller as claves dunha produción cultural (libros, películas…)
- Construír bandas creativas
Algúns exemplos