Vúvox

Que é?

Unha faixa desprazábel horizontalmente na que combinar moi distintos elementos. Permite crear paneis coa extensión que desexemos, cun fondo tipo colaxe e con imaxes, texto ou vídeo emerxentes, así como ligazóns externas.

Que características ten?

Versión en galego Non.
Incorporación de: Texto Imaxe Ligazóns
Audio/Vídeo Xeoloc.
Edición guiada e fácil Si.
Edición compartida Non.
Sincronización secuencial Non. Si disposición.
Opcións de presentación Si, mínimas.
Conexión constante Si, con menú superior.
Incrustación noutros sitios Si.
Posibilidade de descarga Non.
Sen publicidade Si.

 

Que usos lle podemos dar?

  • Presentar un acto dunha actividade complementaria ou extraescolar
  • Presentar os resultados de calquera tipo de proxecto
  • Presentar unha secuencia de feitos (relacional, lóxica, histórica…)
  • Elaborar unha biografía ilustrada (autor/a, grupo musical…)
  • Recoller as claves dunha produción cultural (libros, películas…)
  • Construír bandas creativas

Algúns exemplos

Advertisements

2 Comentarios

Arquivado en faixa, ferramentas

VoiceThread

Que é?

Álbum con imaxes, documentos e/ou vídeos acompañados de comentarios incrustados e dispostos ordenadamente nos laterais. Estes comentarios, escritos, debuxados sobre as imaxes ou audiovisuais, poden ser realizados polo propio autor -como complementos- ou por outros usuarios. Ademais, cunha única conta, cada alumno/a pode ter a súa propia identidade.

Que características ten?

Versión en galego Non.
Incorporación de: Texto Imaxe Ligazóns (unha por imaxe)
Audio (nos comentarios, subindo ou gravando online) / Vídeo (tamén webcam) Xeoloc.
Edición guiada e fácil Si.
Edición compartida Si, creando e distribuíndo diversas identidades do usuario.
Sincronización secuencial Non, si ordenación.
Opcións de presentación Non.
Conexión constante Si.
Incrustación noutros sitios Si.
Posibilidade de descarga Si, cun sistema de crédito.
Sen publicidade Si.

 

Que usos lle podemos dar?

  • Presentar, tamén colectivamente, un tema
  • Desenvolver tarefas colaborativas: álbum de historias, exploración dun asunto, análise dunha cuestión, procura de solucións ante un reto, etc. (tamén marcando sobre as imaxes)
  • Presentar os resultados de calquera tipo de proxecto
  • Mostrar diferentes puntos de vista sobre un tema
  • Establecer contactos e realizar prácticas lingüísticas (presentacións persoais, intercambios entre centros…)

Recompilación da propia aplicación.

Máis.

Algúns exemplos

Deixar un comentario

Arquivado en ferramentas, panel

Glogster

Que é?

Póster no que fusionar elementos funcionais (texto, audio, vídeo…) e decorativos. O tamaño está predeterminado e os obxectos audiovisuais aparecen fixados na lousa.

Que características ten?

Versión en galego Non. Si en portugués brasileiro.
Incorporación de: Texto Imaxe Ligazóns
Audio/Vídeo Xeoloc. +Formas
Edición guiada e fácil Si.
Edición compartida Non.
Sincronización secuencial Non.
Opcións de presentación Non.
Conexión constante Si, con menú superior.
Incrustación noutros sitios Si.
Posibilidade de descarga Non.
Sen publicidade Si, agás na navegación polo sitio.

 

Que usos lle podemos dar?

  • Deseñar tarefas
  • Presentar unha actividade complementaria ou extraescolar (obradoiro, viaxe…)
  • Presentar os resultados de calquera tipo de proxecto ou traballo da aula
  • Recoller as claves dunha produción cultural (libros, películas…)
  • Elaborar unha biografía ilustrada (autor/a, grupo musical…)
  • Realizar guías, presentacións, cartaces de divulgación de eventos ou campañas…
  • Crear apoios ás exposicións orais
  • Recompilar recursos, traballos dixitais realizados… ou facer unha antoloxía
  • Recoller produtos creativos (historias, exposicións…)

Algúns exemplos

3 Comentarios

Arquivado en ferramentas, póster

Nota

Que é?

Póster ou caderno con diversas páxinas no que dispoñer múltiples obxectos (incluídos os deseños ou as caixas de comentarios). Ofrece a posibilidade da edición compartida.

Que características ten?

Versión en galego Non.
Incorporación de: Texto Imaxe Ligazóns Audio / Vídeo (só incrustados) Xeoloc. +Formas, Debuxo
Edición guiada e fácil Si.
Edición compartida Si, con invitación.
Sincronización secuencial Non, aínda que permite acumular páxinas.
Opcións de presentación Non.
Conexión constante Si.
Incrustación noutros sitios Si.
Posibilidade de descarga Non.
Sen publicidade Si.

 

Que usos lle podemos dar?

  • Deseñar tarefas
  • Presentar unha actividade complementaria ou extraescolar (obradoiro, viaxe…)
  • Presentar os resultados de calquera tipo de proxecto ou traballo da aula
  • Recoller as claves dunha produción cultural (libros, películas…)
  • Elaborar unha biografía ilustrada (autor/a, grupo musical…)
  • Realizar guías, presentacións, cartaces de divulgación de eventos ou campañas…
  • Crear apoios ás exposicións orais
  • Recompilar recursos, traballos dixitais realizados… ou facer unha antoloxía
  • Recoller produtos creativos (historias, exposicións…)

Algúns exemplos

Deixar un comentario

Arquivado en ferramentas, póster

Wix

Que é?

Páxinas en flash que incorporan múltiples obxectos. Créanse partindo de modelos (ou non) e simplemente escollendo, arrastrando e soltando.

Que características ten?

Versión en galego Non. Si en portugués e español.
Incorporación de: Texto Imaxe Ligazóns
Audio / Vídeo (só incrustado) Xeoloc. (integra G. Maps)
Edición guiada e fácil Si, perfectamente.
Edición compartida Non.
Sincronización secuencial Non.
Opcións de presentación Non.
Conexión constante Si.
Incrustación noutros sitios Si.
Posibilidade de descarga Non.
Sen publicidade Si.

 

Que usos lle podemos dar?

  • Presentar un tema
  • Deseñar tarefas
  • Crear o espazo dun proxecto, departamento, etc.
  • Presentar os resultados de calquera tipo de proxectos
  • Recoller produtos creativos (historias, exposicións…)
  • etc.

Algúns exemplos

Deixar un comentario

Arquivado en ferramentas, panel

Flickr

Que é?

Espazo para compartir fotos e vídeos, estes con limitacións (cun máximo de 90 s., 150 MB e 2 por mes, na conta gratuíta), con pés de fotos, notas e xeolocalización.

Que características ten?

Versión en galego Non. Si en portugués e español.
Incorporación de: Texto Imaxe Ligazóns (na descrición)
Audio/Vídeo (2 por mes)  Xeoloc.
Edición guiada e fácil Si.
Edición compartida Non. Si crear coleccións en grupo.
Sincronización secuencial Non.
Opcións de presentación Si: páxina, slide, álbum, mapa…
Conexión constante Si, con menú superior.
Incrustación noutros sitios Si (o mapa con iMapFlickr).
Posibilidade de descarga Só dos elementos.
Sen publicidade Si.

 

Que usos lle podemos dar?

  • Presentar, nunha galería ou en mapa, unha actividade complementaria ou extraescolar: obradoiro, viaxe…
  • Ilustrar unha viaxe
  • Deseñar un percorrido en relación cun tema (autor/a, corrente artística, restos históricos, espazos de interese…)
  • Presentar os resultados dun proxecto con recolleita en distintos lugares, con mostras en diferentes espazos xeográficos, con relacións e contrastes entre zonas, etc.

Alén disto, existen aplicacións asociadas a Flickr que nos permiten facer cartaces, portadas, bd, etc.

Algúns exemplos

1 comentario

Arquivado en ferramentas, mapa, panel

Mapvivo

Que é?

Itinerarios sobre mapa con puntos dos que poder mostrar, nunha ampla marxe, notas explicativas, imaxes e vídeos (estes, externos).

Que características ten?

Versión en galego Non, si en español.
Incorporación de: Texto Imaxe Ligazóns
Audio/Vídeo (só incrustado) Xeoloc.
Edición guiada e fácil Si.
Edición compartida Non.
Sincronización secuencial Non.
Opcións de presentación Non.
Conexión constante Si.
Incrustación noutros sitios Non.
Posibilidade de descarga Non.
Sen publicidade Si.

 

Que usos lle podemos dar?

  • Ilustrar unha viaxe
  • Deseñar un percorrido en relación cun tema (autor/a, corrente artística, restos históricos, espazos de interese…)
  • Presentar os resultados dun proxecto con recolleita en distintos lugares, con mostras en diferentes espazos xeográficos, con relacións e contrastes entre zonas, etc.

Algúns exemplos

Deixar un comentario

Arquivado en ferramentas, mapa, panel